Adxudicada a segunda fase de mellora do acceso ao Regueiriño

49

A Xunta de Goberno desta mañá aprobou a segunda fase de mellora do acceso ao lugar do Regueiriño, na parroquia de Lourizán, por valor de 241.150 euros. A obra foi adxudicada á empresa COVSA que ofreceu melloras de carácter técnico como o incremento do espesor do aglomerado, incrementa os metros lineais de pavimentación na obra, tamén pavimenta un camiño que sae na rúa principal, entre outras melloras.