Campionato interparroquial de Brisca e Tute

63

Cuarenta e cinco mulleres participan dende o 22 de marzo nun Campionato interparroquial de Brisca e Tute que promove a Concellaría da Muller do Concello de Pontevedra.

Este campionato celebrarase dende o 22 de marzo até o 26 de abril en A Meán (Cerponzóns), Monte Porreiro, A Parda e Salcedo e nel participan 45 mulleres, distribuídas do seguinte xeito: 10 en A Meán, 15 Monte Porreiro, 10  en A Parda (Pontevedra Leste) e 10 en Salcedo.

O campionato celebrarase nas parroquias e locais urbanos nas seguintes datas: 22 marzo A Meán, 29 de marzo en Monte Porreiro, 5 de abril en Local Leste e 26 de abril en Salcedo.