Comeza o Campionato interparroquial feminino de Brisca e Tute

55

Cuarenta e cinco mulleres participan dende hoxe nun Campionato interparroquial de Brisca e Tute que promove a Concellaría da Muller, xestionada por Carmen Fouces.
Este campionato celebrarase dende hoxe e até o 26 de abril en A Meán (Cerponzóns), Monte Porreiro, A Parda e Salcedo e nel participan 45 mulleres, distribuídas do seguinte xeito:
• 10 en A Meán
• 15 Monte Porreiro
• 10  en A Parda (Pontevedra Leste)
• 10 en Salcedo.
O campionato comeza esta mesma tarde, entre as 16.30 ás 20.00 horas no Local social de A Meán (Cerponzóns), e continuará no resto de parroquias e locais urbanos nas seguintes datas:
• 22 marzo A Meán
• 29 de marzo en Monte Porreiro
• 5 de abril en Local Leste
• 26 de abril en Salcedo.

A concelleira de Muller, Carmen Fouces visitará ás participantes na primeira fase do campionato, as participantes de A Meán, ás 17.30 horas de esta tarde.