“O viño do mar”. Fotografías de Xurxo Lobato

71

Lugar: Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia. Café Moderno. Praza de San Xosé, 3.

Horario: de luns a venres de 17:30 a 20:30 h. Sábados de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 20:30 h.

Esta exposición reúne unha selección de trinta imaxes do fotógrafo coruñés Xurxo Lobato.

Ademais, a mostra conta con dous cubos de oito paneis cada un que recollen outras corenta fotografías da mesma autoría.

O fotógrafo conseguiu estas setenta imaxes impresionantes ao longo de un ano de traballo, xa que estivo a retratar durante as catro estacións a transformación da paisaxe, as súas luces, as súas néboas… Con elas ensina as características da D. O. Rías Baixas: os tipos de viñedo en espaleira, as singulares parras, o característico minifundio e as modernas plantacións.