Programación de Noites Abertas para esta fin de semana

48

A programación de Noites Abertas para esta fin de semana é a seguinte:

Venres, 21  de marzo

• FROEBEL
o 20-22h. Patinaxe Free style
o 20-22h. Esgrima e loita escénica
o 20-22h. Xogos predeportivos e estimulación sensorial
o 20-22h. Swing malabar: cariocas
o 20-23,30h. Apetitivos: pintxos e tapas
o 20-00h. Microteatro express
o 20,30-23,30h. Tenis de mesa libre
o 21-22,30h. Maxia e ilusionismo
o 22-23,30h. Baile latino
• CASA AZUL
o 20,30-22h. Navegación segura en Internet: redes sociais, compras on line…
o 21-23h. Mecánica básica e mantemento bicis
o 22-00h. Masaxe tailandesa

• LOCAL DE MÚSICA
o 20-22h. Beat box
o 20-21,30h. Caixón flamenco
o 21,30-23,30h. Guitarra (iniciación): funk
o 22-00h. Poesía urbana. Obradoiro de rimas

Sábado, 22  de marzo

• FROEBEL
o 20-21,30h. Baile galego
o 20,30-00h. Tenis de mesa libre
o 21-22,30h. Xoiería Quilling: anel
o 21-00h. Sushi, delicia xaponesa
o 21-00h. Xadrez: partidas rápidas
o 21-00h. Xadrez: iniciación
o 21,30-23,30h. Pandeireta (iniciación)

• CASAZUL
o 20-23h. Creando blogs fotográficos
o 21,45-23,15h. Danza contemporánea

• PAVILLÓN MULTIUSOS
o 21-00h. Fútbol sala

COUSAS QUE TES QUE SABER SOBRE AS ACTIVIDADES
• De balde: todas as actividades son gratuítas.
• Prazas dispoñibles: algunhas actividades teñen límite no nº de participantes para o que se farán sorteos das prazas se chegado o caso hai máis participantes ca prazas dispoñibles.
• Inscrición previa: algunhas actividades requiren inscrición previa na Oficina de Xuventude chamando ao 986 100 185 ext. 7491 e 7492 (de 9 a 15h) ou xuventude@pontevedra.eu : observación astronómica, anelamento de aves, obradoiro de instrumentos vexetais, IITorneo de Magic NNAA: Legacy, excursión ao skatepark. Acceso sen inscrición sempre que quedaran prazas dispoñibles.
• Debes levar…  fíxate nas iconas dalgunhas actividades, son avisos importantes do que tes que saber antes de acudir á actividade.
• As idades: respecta as idades ás que van orientadas. Todas as actividades van dirixidas a mozos e mozas de 12 a 30 anos, agás as que se dirixen a mozos/as maiores de:
◦  14 anos (esgrima e loita escénica, obradoiro de sexualidade, tiro con arco, navegación segura en Internet,  representación teatral "Hámster", coro moderno, fotografía-lomografía, fotografía analóxica e tradicional, retoque fotográfico dixital, álbum dixital, retoque fotográfico, creando blogs fotográficos).
◦ 16 anos (con trapos e trapillos, alfombras, danzas do mundo, Love coaching: obradoiro de ligue, "Descobre o teatro por dentro", coiro, masaxe tailandesa, mecánica básica e mantemento de bicis, fixies: bicis de piñón fixo, cociña vegana, apetitivos: pintxos e tapas, adestramento canino).
◦ 18 anos (desinhibición de rúa, risoterapia, danzaterapia e defensa persoal-hapkido).