Vinte e seis bandas de música presentaron proxecto ao Local Fest do vindeiro 5 de abril

52

Vinte e seis bandas de música local presentáronse como participantes á nova edición do Local Fest, que organiza o Local de ensaio de Pontevedra, no Teatro Principal o vindeiro 5 de abril. O xurado seleccionador dos grupos participantes reuniuse onte, no mesmo Local de ensaio, durante máis de seis horas (remataron pasadas as dez da noite, dende as catro da tarde) e escolleron os seguintes grupos como particiantes no Local Feste 2014:
• Atlantica
• De buena tinta
• El grito chino amenaza los continentes
• Juan Pablo Charlo
• La 4pared
• Test Hammer
• Visceral Eyes
• Voltage
Segundo o xurado, a escolla foi dura debido á calidade e ao esforzo que se amosou en todos e cada un dos proxectos que se presentaron as bandas locais. Pero finalmente, houbo que escoller 8 tal e como recollen as bases.
O Local Fest pretende promover a escena musical emerxente, que busca pór en valor a creación musical de base. Para eso organiza un evento o vindeiro 5 de abril, no Teato Principal durante o cal o xurado concederá un premio (a gravación dun videoclip cunha productora audiovisual por valor de 1.000 euros); e o público concede outro premio (con votacións no mesmo evento) que consistirá nunha actuación remunerada na cidade na festa final do programa de Xuventude Noites Abertas.
Todos os grupos finalistas recibirán un premio da asociación de músicos de Pontevedra (aínda en constitución e que integra a uns 80 músicos emerxentes e noveles da cidade que colaboran co Fest e habitualmente co Local de Música), que consiste nun programa formativo de orientación do proxecto musical e coaching para todas as bandas finalistas, que se desenvolverá ao longo de 2014.
O festival pecharase cunha actuación dun grupo convidado.