Só esta semana está aberta a matrícula nos cursos Celga

33

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar a programación para o ano 2014 dos cursos de galego Celga, preparatorios para os exames polos que se obtén o Certificado de Lingua Galega nos niveis 1, 2, 3 e 4. A matrícula só se poderá formalizar ata o 31 de marzo.
En Pontevedra están previstos cinco cursos –a cidade e vila de Galiza que recibe máis cursos- que comezarán o 1 de abril e rematarán o 28 de maio de 2014:
• Celga 1, código: CL1201436380023, que se impartirá luns, mércores e xoves, de 10 a 13 horas, na EPA Río Lérez (avenida de Bos Aires, 26).
• Celga 2, código: CL2201436380024, que se impartirá de luns a venres de 19 a 21 horas, no IES Frei Martín Sarmiento (avenida de Vigo, 23).
• Celga 3, código: CL3201436380025, que se impartirá de luns a venres de 19 a 21 horas, no IES Frei Martín Sarmiento (avenida de Vigo, 23).
• Dous cursos Celga 4. O primeiro (código: CL4201436380026) impartirase martes, xoves e venres, de 18 a 21 horas, na EPA Río Lérez (avenida de Bos Aires, 26). O segundo (código: CL4201436380027) impartirase de luns a venres, de 19 a 21 horas, na EPA Río Lérez (avenida de Bos Aires, 26).
O prazo de matrícula remata o día 31 de marzo. Só se poderá formalizar enviando un correo electrónico ao enderezo sxpl.pontevedra@xunta.es . No correo incluiranse os seguintes datos da persoa que se matricula: nome e apelidos, número de NIF ou pasaporte, enderezo electrónico e teléfono de contacto; tamén se indicará o curso ao que desexa asistir (nivel, centro e localidade).
Nunha instrución anterior, do mes de febreiro, a Xunta establecía que era necesario realizar a preinscrición nos cursos Celga para poder formalizar a matrícula posteriormente. Porén, na nova nota informativa que acompaña a programación dos cursos, a Secretaría Xeral abre a posibilidade de matrícula esta semana tamén para aquelas persoas que non realizaron a preinscrición en febreiro.
A información co programa completo dos cursos previstos en toda Galiza e as instrucións para a matrícula está no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:
https://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Programacion_cursos_Celga_2014.pdf

Máis información no teléfono 986 805 957, do Gabinete de Normalización Lingüística de Pontevedra (Xunta de Galicia).