“Cantos de Taberna”

69

Volven os “Cantos de Taberna”, organizados polo Concello de Pontevedra e a Asociación Maravallada, coa intención de animar a poboación a achegarse os últimos venres de cada mes ás tabernas escollidas para pasar unhas horas divertidas cantando en compañía.

Esta edición comeza o venres 28 de marzo, e rematará o mes de xuño, e as sesións serán entre 21.00 horas e as 00.00 horas.

A primeira sesión será este vernes, 28 de marzo nas tabernas: Reixas e Navarra. E actuará soamente Maravallada.

A seguintes serán:

25 de abril: Timón e Pasaje con Maravallada e Airiños da Peneda.

30 de maio: Lar e o Bodegón de Quique con Maravallada e Os novos diplomáticos.

27 de xuño: Brasilia e Rebusco con Maravallada e Retesía.

As sesións estarán acompañadas de obradoiros de canto que se impartirán os días 5 e 12 de abril en horario de 10-12 e de 12,15 a 14,15 horas. Os obradoiros son balde pero con inscrición previa no teléfono 986 89 65 28 entre as 08.30 e as 14.30 horas.

A Concellaría de Festas prevé deslocalizar estes Cantos de Taberna e levalos aos barrios de Pontevedra. Comezarán en breve no barrio Pontevedra Leste.