O Concello mantén a súa colaboración coa Banda de Música de Salcedo

59

O Concello de Pontevedra colaborará coa Asociación músico-cultural "San Martiño" de Salcedo (Banda de Música de Salcedo) con 25.625 euros en virtude do convenio asinado esta mañá entre o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da entidade cultural.

O obxectivo desta colaboración é "favorecer a continuidade das actividades Banda de Música de Salcedo, da Escola de Música, da Banda xuvenil e da Coral de Salcedo, fundada, como forma de manifestación artística claramente vencellada e arraigada ao longo do tempo á realidade da cultura pontevedresa e, por outro lado, propiciar o achegamento da cultural musical ao longo da poboación.

A cambio a banda comprométese a realizar dez actuacións en distintos momentos do ano e en distintos eventos festivos e culturais da cidade. Son:

  • Cabalgata de Reis (5/1)
  • Converto de Primavera (12/4)
  • Actuación Día das Letras Galegas (17/5)
  • Concerto Banda de Música no Ciclo de Bandas (5/7)
  • Concerto da Coral no Ciclo de Bandas (12/7)
  • Concerto da Banda Xuvenil no Ciclo de Bandas (19/7)
  • Concerto Man a Man (12/8)
  • Concerto de Santa María (15/8)
  • Concerto na praza José Martí día de San Bartolomeu (23/8)
  • Actuación na Xuntanza anual "Amigos de Campolongo" (30/8)