Nova viaxe de coñecemento, nesta ocasión a Ponte Caldelas e A Lama

63

A Concellaría de Patrimonio Histórico abriu hoxe a inscrición para as persoas que queiran participar na nova viaxe de coñecemento ás terras de Ponte Caldelas e á Lama que será o vindeiro 12 de abril.
Os interesados deberán inscribirse no Concello, na rúa Michelena, 30 3º andar ou enviando un correo cos datos persoais e o teléfono ao correo patrimoniocultural@pontevedra.eu
A viaxe estará coordinada por Buenaventura Aparicio Casado. Os participantes sairán dende a parada de autobús de San Roque para dirixirse a Tourón para visitar o parque arqueolóxico. Tamén está previsto a visita ao petroglifo de Pedra do Cervo do Monte de Cuñas, á aldea de Covelo berce do “Conde” Cabanelas, e a aldea e carballo da Virxe do Pelete.
Até o de agora, a Concellaría de Patrimonio Histórico, xestionada por Luís Bará, organizou visitas ao Val Miñor, Viana do Castelo, Allariz, Terra de Montes, Baixo Miño, Braga e carvalho de Calvos e ao Vigo romano e castrexo.