Apertura do prazo para solicitar posto de venda no Mercado de Palmas

37
A Concellería de Promoción Económica abre, a partir do próximo luns, o prazo de inscrición para os vendedores interesados en participar no Mercado de Palmas que, tradicionalmente, se celebra coincidindo coas vésperas do Domingo de Ramos.
O prazo de solicitudes estará aberto así, entre o luns, día 1 e o mércores, 9 de abril próximos.
O Mercado de Palmas funcionará durante as xornadas do 11 e 12 de abril na súa habitual localización da rúa de César Boente e na rúa Serra (parte frontal da Praza de Abastos).

As persoas interesadas deben pasar polas oficinas da Concellería de Promoción Económica, sita na Casa da Luz (praza da Verdura s/n, primeiro andar) para retirar o formulario e presentar a solicitude dentro do prazo indicado.