A exposición sobre Vidal Bolaño chega ao IES de Ponte Caldelas

62

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra dispón de xeito temporal da exposición sobre Roberto Vidal Bolaño, creada e cedida polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CIFP Carlos Oroza.
A mostra, que estará exposta no IES de Ponte Caldelas do 1 ao 25 de abril, está composta por 10 paneis de cartón-pluma de 50×70 cm, nos que se fai un percorrido polos eventos biográficos e literarios máis importantes de Vidal Bolaño.
Aqueles centros de ensino, asociacións ou outras entidades interesadas en dispoñer desta exposición poden solicitala no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.