Actividades sobre El Grego no Museo de Pontevedra

40

O Museo de Pontevedra súmase á conmemoración do IV centenario da morte de El Greco, cunha serie de actividades para todos os públicos motivadas por contar entre os seus fondos con dúas importantes obras do seu taller. Para participar é necesario inscribirse a través da dirección do email gabinetedidactico.museo@depo.es, ou chamando ao 986 804 100 ext. 42413.

"Dous grecos no Museo de Pontevedra. Análise e influencias."

Nesta visita faise un achegamento á figura do pintor cretense a través das dúas obras que custodia o Museo de Pontevedra. Xoves 3, 10 e 24 de abril ás 18:30 h. Xoves Santo e Venres Santo (17 e 18) ás 12 h. Punto de encontro: Edificio Castro Monteagudo. Máximo de 25 persoas por día.

"Obradoiro lúdico creativo: Quen foi El Greco ?"

Con este obradoiro preténdese que os máis cativos (nenos e nenas de 6 a 10 anos) se acheguen á figura do pintor non só a través do comentario in situ das dúas obras expostas, senón a través de xogos e actividades feitas a man que os familiaricen coa súa biografía, o seu taller, a súa persoal forma de pintar e algunhas das súas obras máis representativas. 14, 15 e 16 de abril, de 11 a 13 h. Punto de encontro: Sexto Edificio do Museo. Quendas: unha por día. Número de nenos/as: 15 por día