Festa da fabada en Marcón

62

A parroquia de Marcón celebra este domingo, 6 de abril, a Festa da Fabada no Campo da Festa de Marcón. A festa, apoiada polo Concello de Pontevedra, está organizada polo Club de Fútbol de Marcón como unha iniciativa para recadar fondos e poder rematar a tempada nas mellores condicións ecónomicas.

Na festa, que tamén supón un xeito de unir á todos os veciños da parroquia nunha xornada de lecer, comezará ás 13.00 horas co pregón que lerá José Luís Torrado "O bruxo", e contará coa animación de Airiños da Fracha, Calibre e o grupo Amazonas, xa pola tarde, dentro do salón da Casa da Cultura.

Na festa prepararanse arredor de 800 racións de fabada que inclúe: un pote de barro, fabas de Lourenzá, panceta, costilla, orella, chourizo e morcilla asturiana. A fabada será preparada pola diretiva e os socios do club, arredor de 20 persoas que comezarán a cociñar arredor das 22.00 horas da noite do sábado para rematar na madrugada do domingo, de tal xeito que estea en perfectas condicións de cara ao arranque da festa.