Parques abre mañá, ao tránsito peonil, o xardín da praza de España

62

O xardín da praza de España, de entrada á Alameda, abrirase ao tránsito peonil mañá pola mañá. Durante todos estes meses, o departamento de Parques e Xardíns estivo facendo melloras substanciais nesta zona verde tan principal da cidade mellorando a drenaxe do terreo, a xardinería, plantando novas e escollidas árbores e setos, así como a colocación de bancos.
A obra rematouse esta semana logo de comprobar a drenaxe da parcela  e de limpar todo o xardín.
O proxecto incluíu a instalación de rego automático, a plantación de dúas camelias xapónicas e catro magnolias saulangeana. Tamén se plantaron especies arbustivas como Buxus sempervirens, Euonymus fortunei, Spirea xaponica a Rosa ou os Phlox. Como fondo para este novo xardín, plantouse un céspede de primeira calidade.
Finalmente tamén se procedeu á mellora dos paseos de xabre, coa instalación dun sistema de drenaxe de augas pluviais para facilitar a evacuación da auga nos días de choiva evitando empozamentos.
A actuación na praza de España estaba incluído dentro dun proxecto máis amplo no que se incluían melloras no parque das Palmeiras, na propia Alameda e no paseo de Montero Ríos. Todas as actuacións ascendían a 150.000 euros.