Programación de Noites Abertas para esta fin de semana

54

A programación de Noites Abertas para esta fin de semana é a seguinte:

Venres, 4 de abril

• PARQUE CANS
o 18-20h. Adestramento canino (fundamentos)
• FROEBEL
o 20-22h. Ex Libris
o 20,30-00h. Tenis de mesa libre
o 21-23,30h. Coiro: funda de libreta
o 21-23h. Cociña vegana
o 22-00h. Malabares: mazas
• CASAZUL
o 20-22h. Xabón ecolóxico
o 20-22h. Break
o 22-00h. Desinhibición de rúa
• LOCAL DE MÚSICA
o 22-00h. Djembé
• SAÍDA:
o 22,30-01h. Observación astronómica

Sábado, 5 de abril

• FROEBEL
o 20-21,30h. Hula hooping- Hula dance
o 20,30-23,30h. Tenis de mesa libre
o 22-23,30h. Ovella portamensaxes e tarxeteiro
• PRAZA SANTA MARÍA
o 20,30-22,30h. Long board e long skate
• CASAZUL
o 20,30-21,30h. Hip hop: ragga
o 21,45-23,15h. Danzas do mundo
• LOCAL DE MÚSICA
o 20-22h. Gaita (iniciación)
• PAVILLÓN MULTIUSOS
o 21-23h. Rugby para todxs

• CAMPOS HERBA SINTÉTICA
o 22-00h. Fútbol gaélico


COUSAS QUE TES QUE SABER SOBRE AS ACTIVIDADES
• De balde: todas as actividades son gratuítas.
• Prazas dispoñibles: algunhas actividades teñen límite no nº de participantes para o que se farán sorteos das prazas se chegado o caso hai máis participantes ca prazas dispoñibles.
• Inscrición previa: algunhas actividades requiren inscrición previa na Oficina de Xuventude chamando ao 986 100 185 ext. 7491 e 7492 (de 9 a 15h) ou xuventude@pontevedra.eu : observación astronómica, anelamento de aves, obradoiro de instrumentos vexetais, IITorneo de Magic NNAA: Legacy, excursión ao skatepark. Acceso sen inscrición sempre que quedaran prazas dispoñibles.
• Debes levar…  fíxate nas iconas dalgunhas actividades, son avisos importantes do que tes que saber antes de acudir á actividade.
• As idades: respecta as idades ás que van orientadas. Todas as actividades van dirixidas a mozos e mozas de 12 a 30 anos, agás as que se dirixen a mozos/as maiores de:
◦  14 anos (esgrima e loita escénica, obradoiro de sexualidade, tiro con arco, navegación segura en Internet,  representación teatral "Hámster", coro moderno, fotografía-lomografía, fotografía analóxica e tradicional, retoque fotográfico dixital, álbum dixital, retoque fotográfico, creando blogs fotográficos).
◦ 16 anos (con trapos e trapillos, alfombras, danzas do mundo, Love coaching: obradoiro de ligue, "Descobre o teatro por dentro", coiro, masaxe tailandesa, mecánica básica e mantemento de bicis, fixies: bicis de piñón fixo, cociña vegana, apetitivos: pintxos e tapas, adestramento canino).
◦ 18 anos (desinhibición de rúa, risoterapia, danzaterapia e defensa persoal-hapkido)