Exposición “Elena Colmeiro. Sen título”

61

Lugar: Sexto Edificio. Museo de Pontevedra.

Datas: do 4 de abril ao 4 de maio.

Horario: de martes a sábado, de 10 a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 h. Luns pechado.

Exposición formada por 47 obras de Elena Colmeiro (Silleda, Pontevedra, 1932) realizadas desde finais dos anos sesenta ata a actualidade.

Nela apréciase como a artista loita por conseguir que a cerámica se converta nun máis dos materiais escultóricos, desvinculándoa do seu tradicional uso utilitario.

Tamén se pode apreciar nas súas obras o papel fundamental que ten xogado a súa fascinación polas fábricas, os materiais industriais, os cemiterios de refugallos, os crisois… todo ese mundo proporciónalle formas e cores.

O material refractario, o carbono de silicio ou o ladrillo sérvenlle para poder expresar as ideas que xorden na súa cabeza.