“Historia do tren de xoguete español”

63

Lugar: Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra. (Entrada polo Sexto Edificio na rúa Padre Amedo, 3)

Datas: do 11 de abril ao 18 de maio.

Horario: de martes a sábado, de 10 a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 h. Luns pechado.

Esta exposición, organizada pola Deputación de Pontevedra, permite realizar unha suxestiva viaxe pola historia ferroviaria española a través dos trens de xoguete e os seus accesorios. As pezas seleccionadas, orixinais e de fabricación española, proceden da Colección Quiroga-Monte, composta por máis de 1.500 exemplares, cifra que a sitúa entre as máis significativas e completas do país.

A mostra permítenos recordar que se cumpren 130 anos dende que en 1884 chegou, procedente de Redondela, a primeira locomotora a Pontevedra.