Proxección do filme “Shi”. Ciclo “Cine e poesía”

76

Lugar: Sala VerSus. Rúa Gerardo Álvarez Limeses, 12.

Hora: 20 h.

Entrada de balde, ata completar aforo.

Proxección do filme “Shi” (Lee Chang-dong, 2010), no marco da programación do Ciclo “Cine e poesía”, organizado pola Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías.

Mija é unha anciá que vive co seu neto nunha pequena cidade coreana. É unha muller que goza coidando o seu aspecto e exhibe sombreiros con motivos florais e vestidos con vivas cores. O azar lévaa a asistir a cursos de poesía na casa da cultura do seu barrio e a escribir o seu primeiro poema. Busca a beleza dentro do seu ambiente habitual, ao que non puxera ningunha atención ata ese momento. Non obstante, un suceso inesperado fai que descubra que a vida non é tan fermosa como cría.