Ultranoite de Chévere: “O país dos ananos”

39

Lugar: Pazo da Cultura.

Hora: 21 h.

Prezo: 12 € e 10 € para estudantes, parados e xubilados (+gastos de tramitación). Entradas á venda no 902 504 500 e en www.servinova.com

"O país dos ananos” é unha obra coa que o grupo de teatro Chévere celebra os vinte anos de “Ultranoite” e coa que percorrerán, dende o humor e a sátira a historia de Galicia das últimas décadas.

Este novo traballo é un cabaré nihilista que conta cos actores Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi e Xron, e cos músicos Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián tocando en directo.