“Longa viaxe cara á noite”, do Centro Dramático Galego

65

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia.

Hora: 20:30 h.

Prezo: dende 10 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com

O Centro Dramático Galego trae a Pontevedra a obra “Longa viaxe cara á noite”.

É este un dos textos máis célebres de Eugene O'Neill, pai fundador do teatro norteamericano moderno, gañador de catro Pulitzer e premio Nobel de Literatura.

Será esta a primeira ocasión en que o CDG, nos seus trinta anos de idade, se aproxime á literatura norteamericana.

A obra narra a crónica dun único día na vida dos Tyrone, unha familia norteamericana rota: James, un actor de éxito que non puido formar un auténtico fogar; Mary, a súa muller, presa dunha adicción imposible; Jamie, o fillo maior, alcohólico; e Edmund, un mozo soñador, pero enfermo de tuberculose.