Ara Malikian & Fernando Egozcue

76

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia.

Hora: 20:30 h.

Prezo: dende 15 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com

A música de Egozcue de raiz arxentina e intensamente emotiva, concibida como unha música de cámara, cun forte e fluído desenvolvemento rítmico… únese a calidade, presenza e personalidade de Ara Malikian, que o converten, nun artista único, capaz de comprender a música nun só xesto, e que achega á música de Fernando Egozcue a profundidade e o sentido que merece; as melodías no seu violín van transformándose en palabras, nun discurso persoal e apaixonante.

Estes dous artistas conseguiron vivir a arte dende unha liberdade transgresora e é por iso que encontrándose no camiño da vida, coinciden case sen mediar palabra, sendo o silencio detrás de dúas “formas” abertas, o que motive o respecto mutuo e o interese polo que si ten sentido; compartir.