Fresado e asfaltado do parque de educación viaria da Policía Local en Mollavao

79

O Concello de Pontevedra inicia mañá traballos de mellora do parque de educación viaria da Policía Local en Mollavao, baixo a ponte da autoestrada.
O firme atópase deteriorado polo paso do tempo e o uso, polo que mañá comezarán os traballos de limpeza e fresado, e o venres está previsto o seu pavimentado. Posteriormente pintarase para que volva a cumprir debidamente coa súa misión.