O Concello porá a banda sonora da celebración do terceiro centenario de San Bartolomeu

63

O alcalde e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará mantiveron esta mañá unha reunión con representantes da parroquia de San Bartolomeu que neste ano celebrarán o terceiro centenario da igrexa xesuíta de San Bartolomeu.
O alcalde comprometeuse a colaborar nesta efemérides coa organización de actividades e tamén achegando infraestrutura para a súa celebración. O Concello será o encargado de pór a banda sonora ao terceiro centenario da parroquia, e de tal xeito tratar de que sexa unha celebración de toda a cidade.
O Concello ofreceu a actuación do grupo de música barroca do Conservatorio Manuel Quiroga no mes de xuño.
Na véspera de San Bartolomeu, 24 de agosto, tamén está prevista a actuación da Banda de Música de Pontevedra.
E o mesmo día de San Bartolomeu, está prevista unha actuación de danzas tradicionais (de espadas e de cintas).
Participando na organización do terceiro centenario da igrexa dos Xesuítas, o Concello quere extender esta celebración para todos os pontevedreses, que poderán gozar doutras actividades apoiadas pola Deputación provincial e o Museo de Pontevedra.