Ponse en marcha o programa Yes, we can co microchipeado de cans

66

A Concellaría de Sanidade Animal xunto as entidades Palleiros, Difusión Felina e Adopcións Galicia, presentou esta mañá a segunda edición de Yes, we can que pretende ir solucionando o principal problema que ten o mundo dos cans, que son os abandonos. Segundo explicou esta mañá o concelleiro responsábel do departamento, Miguel Filgueira o número de abandonos rexistrados pola Asociación Palleiros foi máis de 350 en todo o ano.
A campaña ponse en marcha hoxe mesmo abrindo o prazo para inscribirse no microchipeado de cans. A Concellaría en colaboración con distintas clínicas veterinarias da cidade ofrecen por 25 euros a posibilidade microchipear aqueles cans que aínda non estean. Este chip permitirá reducir abandonos e localizar aos donos dos cans perdidos. As persoas interesadas poderán inscribirse no teléfono 986 80 43 00 ext 7583.
No mes de xuño está previsto unha xornada de adestramento (aínda por concretar) que se desenvolverá cunha parte teórica pola mañá e unhas xornadas prácticas pola tarde (con grupos reducidos) a cargo dun adestrador de cans. Tamén no mes de xuño, pero os domingos de mañá faranse rutas por espazos naturais guiadas por un adestrador co  propósito de dar unhas nocións de como se debe actuar cun can nun medio natural.
E co refuxo de cans rematado, e a partir do mes de setembro, Yes we can chegará aos centros de ensino iniciando unha campaña de sensibilización entre os escolares que poderán visitar o refuxo de animais e facer actividades nel, en colaboración coa Asociación Palleiros.
Miguel Filgueira explicou que a primeiros de ano tamén se iniciou a campaña de castración e esterilización de gatos, actuando colonia a colonia. No ano 2013 castráronse arredor de 100 gatos e este ano ten o mesmo obxectivo.