Todas as empresas presentan ben a documentación administrativa para construír o desdoblamiento da avenida de Vigo

36

O Concello de Pontevedra reuniu esta mañá a mesa de contratación para a construcción do desdobramento da avenida de Vigo. Nesta primeira reunión abriuse o sobre A, de documentación administrativa, e os integrantes da mesa comprobaron que todas as empresas presentaron a documentación correctamente.
Mañá está previsto que se volva a reunir a mesa de contratación para abrir o sobre B, onde están as propostas constructivas das empresas, que pasarán aos servizos técnicos para seren valorados.
Unha vez que os técnicos valoren as propostas das empresas, volverase a reunir a mesa para abrir o sobre C, coa oferta económica das compañías.
Cabe lembrar que o proxecto de construcción do desdobramento da avenida de Vigo ten unha licitación de 4,1 millóns de euros. As 17 ofertas presentadas foron:
• Puentes y Calzadas Infraestruturas S.L.U.
• CRC Obras y servicios S.L. – Xermolo S.A.
• Imesapi S.A. – Canalugo
• Civis Global S.L.
• Construcciones, obras y viales S.A. e E.C. Casas S.L.
• Acciona infraestruturas S.A. – Construcciones Ramírez S.L.U.
• Dragados S.A.
• Sacyr S.A.U
• Eiriña S.L.
• Elsamex S.A.
• Vías y construcciones S.A.
• Ferrovial Agroman S.A.
• Construcciones San José S.A.
• Xestión Ambiental de contratas S.L. – Abeconsa S.L.U.
• Copcisa S.A. – Proyecon Galicia S.A.
• Extraco, construccións e proxectos S.A. – Petrolam a veiga S.L.
• Espina Obras Hidráulicas.