“La dama duende”, de Calderón de la Barca

69

Lugar: Centro Social Fundación Novacaixagalicia.

Hora: 20:30 h.

Prezo: dende 23 €. Entradas á venda no 902 504 500 e en www.servinova.com

“La dama duende” de Calderón de la Barca é un dos grandes clásicos da literatura española.

Dona Ángela, viúva, consegue entrar ás agachadas nun cuarto pechado ao que non hai xeito de acceder. Só encontran explicacións místicas ao enigmático.

Os personaxes cren que constrúen a súa propia sorte, pero pouco a pouco os acontecementos se volven en contra dos protagonistas revelando a natureza do engano…

Calderón enlaza multitude de argumentos nun mundo de moral dubidosa e libertaria onde dona Ángela escapa ás obrigas da viuvez para frecuentar a compañía dos homes, e o corrupto criado Cosme comete latrocinio diante da cómica rixidez de don Luís, espírito do decoro e a corrección.