Lugar: Sexto Edificio. Museo de Pontevedra
Hora: 20 h.
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.
Proxección da película “Urxa” (Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal, 1989), dentro do Ciclo “En Paralelo. Noites de Literatura e Cine”, organizado polo Museo de Pontevedra.
Urxa é unha bruxa que vive nunha paraxe remota da Galicia rural. Garda un segredo lendario e a chegada dun investigador provocará o seu descubrimento. Este filme foi unha das primeiras longametraxes de ficción da cinematografía galega.
+info. en www.museo.depo.es