Semana Santa 2014

81

Domingo 13 de abril | 12:30 h:

Celebración do Domingo de Ramos coa bendición de palmas e ramos dende o atrio de San Francisco. Seguidamente organizarase a procesión coa imaxe de Xesús entrando en Xerusalén. Percorrido polas Escalinatas de San Francisco, Manuel Quiroga, Alhóndiga, Don Filiberto e Avda. de Santa María. Ao remate, haberá misa na Basílica de Santa María.

Luns 14 de abril | 20 h:

Procesión de Xesús do Nazareno coa Caída, a cargo da Confradía da Veracruz. Saída dende Santa Clara ou dende San Bartolomeu, con percorrido polo centro histórico.

Martes 15 de abril | 20 h:

Celebración do Martes Santo, coa Misa da Confradía do Silencio na Igrexa de San Bartolomeu, seguida das procesións de Xesús Nazareno e da Esperanza. Percorrido polas rúas Sarmiento, Real, Praza de Curros Enríquez, Soportais, Ferraría, Paseo Antonio Odriozola, Pasantería, Sarmiento e San Bartolomeu.

Mércores 16 de abril | 20 h:

Celebración da Santa Misa na Basílica de Santa María, seguida da procesión da Santísima Virxe da Soledad e Xesús coa cruz ás Costas. Percorrido por Amargura, Isabel II, Real, Praza de Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alhóndiga e Avda. de Santa María.

Xoves 17 de abril | 20 h:

Procesión dos Pasos con saída da Real Basílica de Santa María. Percorrido por Avda. de Santa María, Praza de España, Michelena, Paseo Antonio Odriozola, Pasantería, Sarmiento, Real, Praza de Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alhóndiga e Avda. de Santa María.

Venres 18 de abril | 20 h:

Procesión do “Encontro” con Viacrucis Penitencial. Saída do Cristo coa Cruz ás Costas, acompañada por homes, dende a Basílica de Santa María e saída da Virxe, acompañada por mulleres, dende San Bartolomeu. O encontro terá lugar na Praza do Teucro.

Domingo 20 de abril | 19 h:

Celebración do Domingo de Pascual con Misa en San Xosé e Santa María. Posteriormente dará comezo a procesión do Encontro da Sagrada Resurreción do Noso Señor Xesucristo. A imaxe da Nosa Señora do Amor Hermoso sairá dende a parroquia de San Xosé, percorrendo a Praza da Constitución, Praza de Galicia, Andrés Muruáis e Peregrina. A imaxe da Sagrada Resurreción sairá da Basílica de Santa María, percorrendo Avda. de Santa María, Praza de España e Michelena. O encontro terá lugar na Praza da Peregrina.