“Corpo: Miran o que non poden ver”

61

Lugar: Pazo da Cultura.

Horario: martes a venres, de 17 a 21 h. Sábados, de 11 a 14 h. e de 17 a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 h. Luns pechado.

Exposición colectiva de Tresensuma, na que poderedes gozar da obra de Fernando Carballa, Andrés Delgado, Cari Fernández, Mariano Gallego Seisdedos, Román Hernández, Eva Hiernaux, David Ortega, Alejandro Tarantino e Miguel Vázquez.

A asociación cultural sen ánimo de lucro Tresensuma está integrada por artistas, escritores e colaboradores, que traballan, para establecer un novo xeito de achegar e compartir o feito artístico co público amante, interesado ou curioso da arte.