Pontevedra Escénica. “Esta noche no estoy para nadie”

53

Lugar: Pazo da Cultura.

Hora: 21:00 h.

Prezo: 17 €. Entradas á venda no 902 504 500 e en www.servinova.com

“Esta noche no estoy para nadie” é unha divertida comedia orixinal de Juan Carlos Rubio estreada en 1997 con Esperanza Roy como protagonista e que dende entón subiu aos escenarios de varios países americanos, con enorme éxito de público e crítica.

Agora o seu autor, coa colaboración de Raúl Gama (música) e Isabel Montero (letras) transformouno nun musical 100% español que ofrece ao público 12 marabillosas cancións especialmente creadas para o espectáculo (e interpretadas en directo polos actores e un pianista).