Roberto Somoza. Ciclo “Derradeira e definitiva”

60

Lugar: Casa das Campas. Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Hora: 21 h.

Entrada de balde.

O jazz será o protagonista do peche da programación do ciclo “Derradeira e definitiva”, organizado pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, coa actuación do saxofonista Roberto Somoza, que presentará “Continuum”, un disco integrado por unha única composición en forma de suite, na que o jazz se fusiona coa música clásica.

No seu recital na Casa das Campás, o saxofonista Roberto Somoza estará acompañado por Rosalía Vázquez ao violoncelo, Rubén Barros á guitarra, Sergio Delgado ao piano, Risto Voulanne ao contrabaixo e Naima Acuña á batería.