Fouces denuncia a situación insostíbel da tramitación dos Risgas e das acudas de emergencia da Xunta

104

A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces denunciou esta mañá "a situación insostíbel" da tramitación das prestacións sociais: Risca e Axudas de inclusión social (emerxencia), logo da modificación legal realizada pola Xunta o pasado mes de decembro. A concelleira explicou que coa tramitación até decembro a Xunta xa tardaba arredor de catro ou cinco meses en resolver os expedientes, pero a día de hoxe, coa nova norma, a Xunta ten pendente de resolver o 91% dos expedientes de Risga (62 dos 68 tramitados) e o 100% dos expedientes de emerxencia social (44 dos 44 tramitados).

Carmen Fouces explicou que até decembro eran os técnicos dos Servizos Sociais do Concello os encargados de realizar os expedientes de cada usuario, e aqueles que tiñan dereito a percibir unha prestación, enviábanse á Xunta, que tardaba arredor de 4 ou 5 meses en resolver.

Dende decembro, son os propios usuarios os que teñen que cubrir os impresos necesarios e recabar toda a documentación que se lles solicita. Logo envialo á Xunta, que logo de supervisar a documentación, solicitará aos técnicos municipais un informe social sobre o peticionario. Este informe se traslada  á Xunta, que tarda arredor de dous ou tres meses en resolver.

Carmen Fouces indicou que esta nova situación provoca trámites administrativos inviables, que complica o traballo das administracións implicadas, cando o procedemento anterior "era perfectamente válido"; e unha desprotección absoluta das persoas que teñen dereito ao Risga. Ademais de facer moito máis restrictivos os supostos de percepción do Risga e das emerxencias sociais, a Xunta "é consciente de que os usuarios que solicitan estas prestacións, xeralmente, teñen até dificultades de lecto-escritura", indicou a concelleira que comparou a situación a que si Hacienda reclamara a todos os contribuíntes a ter que presentar o imposto da Renta sen ter asesorías ou expertos que a fagan.