Máis de 170.000 euros para a reurbanización do lugar do Cabaleiro, en Campañó

83

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o inicio do proceso de contratación de reurbanización do núcleo de Cabaleiro, na parroquia de Campañó. A obra está valorada en 173.050 euros. O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que unha das prioridades do Goberno Local é o acondicionamento dos núcleos de centralidade parroquial (lugares de concentración e encontro dos veciños), que no caso de Campañó é o lugar de Cabaleiro.
A actuación pretende mellorar a seguridade viaria e a eliminación de barreiras arquitectónicas en todo o ámbito, así como a integración da praza do cruceiro do Cabaleiro, buscando a accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida, ao tempo que se fixan medidas que preserven a total e absoluta seguridade tanto do tráfico peonil como rodado, de forma que coexistan dichos tráficos de xeito ordenado e seguro.
Con estas premisas farase unha plataforma única, na que a calzada terá un ancho de 5 metros, e irá acompañada da canalización de augas pluviais. A calzada atravesará a praza, que estará dividida en dúas zonas peonís. A calzada terá un pavimento de asfalto sobre o que se imprimirá un material antideslizante de cor para favorecer a adherencia dos vehículos. Cabre lembrar que a zona estará limitada a 20 km/h.
Pola súa banda, as zonas peonís terán un pavimiento de adoquín (similar ao da rúa Guitiérrez Mellado), que estarán separadas da calzada (a modo de bolardo), cuns muretes de mampostería a dúas caras que poderán facer, as veces, de bancos.
Tamén está previsto a creación de alcorques protectores das especies arbóreas actuais así como a creación dun parque infantil con pavimento de area. Ademais se instalarán lombos reductores de velocidade.
Toda a zona quedará debidamente sinalizada tanto con sinalización horizontal como vertical.