Continúa a programación de Pontenbici coa primeira saída de Natureza sobre rodas

81

A programación de Pontenbici pon en marcha este domingo a primeira saída de Natureza sobre rodas, o programa de visitas en bicicleta aos espazos naturais do concello que este ano chega á súa terceira edición. As saídas foron presentadas esta mañá polo concelleiro delegado Miguel Filgueira e Anxo Rajó, coordinador das tres saídas programadas.
Anxo Rajó destacou que son rutas en bicicletas (pensadas para unas 50 persoas) para visitar diversos espazos naturais próximos á cidade de Pontevedra. Son rutas para familias, aínda que se recomenda que non se leven nenos menores de 8 anos polas dificultades da ruta .
Nas visitas faranse paradas interpretativas para observar elementos característicos da fauna e flora dos espazos naturais. De feito, a todos os participantes entregaránselles un mapa-guía que conterá os percorridos da edición, con debuxos da fauna e flora máis singular dos espazos naturais de Pontevedra.
As saídas serán os días 4 e 25 de maio, e o 15 de xuño en horario de 11 a 14 horas. Son rutas circulares, con distancias comprendidas entre os 11 e os 14 quilómetros, en escasas dificultades.
A saída deste domingo, 4 de maio, é á Illa do Cobo e ao Enil Xunqueira de Alba. A do domingo 25 de maio é polos Xardíns de Pontevedra e o río Lérez, e a de xuño é pola travesía do AVE (polo río dos Gafos) para ler as paisaxes de Salcedo.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no departamento de Medio Ambiente no teléfono 986 804300 na extensión 7584.