“Natureza sobre rodas”

67

Datas: 4 e 25 de maio, e o 15 de xuño.

Horario: de 11 a 14 h.

Nova edición do programa “Natureza sobre rodas”, unha serie de rutas en bicicletas para visitar diversos espazos naturais próximos á cidade de Pontevedra.

Son rutas para familias, aínda que se recomenda que non se leven nenos menores de 8 anos polas dificultades da ruta.

Nas visitas faranse paradas interpretativas para observar elementos característicos da fauna e flora dos espazos naturais. De feito, a todos os participantes entregaránselles un mapa-guía que conterá os percorridos da edición, con debuxos da fauna e flora máis singular dos espazos naturais de Pontevedra.

Son rutas circulares, con distancias comprendidas entre os 11 e os 14 quilómetros, con escasa dificultade.

A saída do domingo 4 de maio, é á Illa do Cobo e ao Enil Xunqueira de Alba. A do domingo 25 de maio, é polos Xardíns de Pontevedra e o río Lérez, e a do 15 xuño é pola travesía do AVE (polo río dos Gafos) para ler as paisaxes de Salcedo.

+info. en www.pontevedra.eu/bici