Festa final de Noites Abertas, este sábado na praza de Curros Enríquez

54

O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez presentou esta mañá a festa final de Noites Abertas, que será este sábado na praza de Curros Enríquez a partir das 17.00 horas.
A programación desenvolverase no seguinte horario:
• 17.00 horas: Serán
• 17.20 horas: Actuación do grupo Hey
• 18.00 horas: Danza contemporánea
• 18.10 horas: Exhibición canina
• 18.45 horas: actuación do grupo Green Envy
• 19.25 horas: Actuación dun Coro moderno (actividade que se desenvolveu en Noites Abertas).
• 19.40 horas: Exhibición de rúa
• 20.10 horas: Flash mov
• 20.40 horas: Malabares e hoollahop
• 20.50 horas: Actuación de La cuarta pared
• 21.50 horas: malabares e hoollahop
Ademais, dende as 17.00 horas farase un lipdub que pretende organizarse, gravarse, montalo e exhibilo durante a tarde.
Paralelamente proxectarase no Mercantil un vídeo montado con máis de 1.500 imaxes de todos estes 15 anos de Noites Abertas, e na praza de Ourense continuará a exposición sobre a historia deste programa en Pontevedra.
O concelleiro de Xuventude convidou a todos os pontevedreses a ver e participar nas actividades da Festa de peche de Noites Abertas, xa que nesta última sesión as actividades están abertas a toda a cidadanía. Demetrio Gómez tamén agradeceu e felicitou a todos os organizadores e traballadores das Noites Abertas.