Mellora dos espazos de recreo do lugar dos Areás, en Mourente

71

O concelleiro delegado da parroquia de Mourente, Miguel Filgueira visitou esta mañá os traballos que o Concello iniciou nestes días no lugar dos Areás, na parroquia de Mourente, para mellorar as instalacións de lecer e afianzar este punto de encontro veciñal da parroquia.
Neste espazo de encontro veciñal, o Concello proxecta instalar unha pista de petanca e outra de chave (os Areás era un lugar cunha longa tradición veciñal de xogo de chave). Tamén se colocarán mesas que terán xogos de sobremesa (parchís e xadrez) e reutilizaranse elementos de ximnasia para adultos que o Concello tiña gardados na nave municipal.
Ademais, tamén se fará un arranxo de todo o perímetro mellorando a accesibilidade e a reordenación do estacionamento na zona.