Outros 240.000 euros para continuar a mellora da estrada do Regueiriño

64

O Concello de Pontevedra inicia este luns a segunda fase da rehabilitación do firme da estrada do Regueiriño, na parroquia de Lourizán. Ao igual que na primeira fase, a obra inclúe o fresado e reposición integral do firme así como todos os servizos para a canalizacións das augas pluviais.
Esta segunda fase parte do lugar das Nogueiras (onde rematou a primeira) e continuará até completar uns 500 metros. O investimento é de 240.000 euros, ao igual que na primeira fase.
Completar toda a reurbanización da estrada do Regueiriño aproxímase ao millón de euros, dado que, polo menos, é preciso facer unha terceira fase que mellorará substancialmente a conexión do Regueiriño.