Pontevedra, presente nos X European Urban and Regional Planning Awards

59

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle inician a vindeira semana unha ronda de contactos e participacións en distintas citas e eventos internacionais vinculados co urbanismo e a mobilidade sostible que se celebran en distintos puntos da xeografía europea. O obxectivo é dar a coñecer o modelo urbano da cidade de Pontevedra, ben por ser escollido como referente a expor, ben por ser escollido para optar a un premio internacional concedido baixo o amparo do Comité das Rexións da Unión Europea.
A primeira parada da comitiva pontevedresa será a cidade de Bruxelas. Mañá, dende as 09.30 horas, na sede do Comité das Rexións celébrase o X European Urban and Regional Planning Awards organizado polo ECTP-CEU (European Council of Spatial Planners – Conseil européen des urbanistes).
Según recolle a propia páxina do comité organizador www.ectp-ceu.eu, este premio o que pretende é recoñecer a planificación de estratexias, plans e desenvolvementos que fan unha contribución sobresaínte á calidade de vida nas áreas urbanas e rurais de Europa.
Pontevedra opta a este premio grazas á proposta da consultora Pettra, que presentou o modelo da cidade de Lérez, e foi escollido entre 20 proxectos municipais ou rexionais, de toda Europa, que este ano optan a este galardón.

Ver documento PDF