“Dous grecos no museo de Pontevedra”. Visitas guiadas

60

Lugar: Edificio Castro Monteagudo. Museo de Pontevedra

Datas: sábados 3, 10, 24 e 31 de maio.

Hora: 18:30 h.

“Dous grecos no Museo de Pontevedra. Análise e influencias”. Nesta visita faise un achegamento á figura do pintor cretense a través das dúas obras que custodia o Museo de Pontevedra.

Punto de encontro no Edificio Castro Monteagudo.

Máximo de 25 persoas por día.

Para participar é necesario inscribirse a través da dirección de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou chamando ao teléfono 986 804 100 ext. 42413.