Inícianse as obras do novo parque infantil da parroquia de Salcedo

55

A parroquia de Salcedo disporá, en breve, dun novo espazo infantil de lecer. Será ao carón da nova Casa da Cultura, nunha parcela cedida pola Comunidade de Montes para este uso, dado que o Concello está a priorizar todos os lugares de encontro veciñal, como pode ser este onde se atopan os principais equipamentos da parroquia de Salcedo.
O proxecto estase a realizar unha superficie de 210 metros cadrados, que disporán de chan de caucho, para evitar danos nos pequenos, así como oito elementos de xogo (de distinta índole). O Concello reaproveitará xogos do antigo parque da Seca, que se atopan en perfecto estado de uso; e completarase con outros cinco novos, a estrear.
O orzamento da obra ascende a 30.380,69 euros. En principio estaba previsto unha contía máis pequena ante a previsión de poder aproveitar máis xogos, pero finalmente optouse por compra cinco novos.
O parque infantil de Salcedo é unha demanda dos veciños da parroquia, que foi consensuada previamente no Consello parroquial. De tal xeito, que foi a propia Comunidade de Montes quen decidiu ceder a parcela para a construcción da área de xogos, e incluso, hai escasos días, foi visitada polo concelleiro delegado da parroquia, Demetrio Gómez xunto aos técnicos municipais, e os propios comuneiros antes de comezar a instalación.