Xornada sobre violencia sexual en mozos, acoso sexual e ciberacoso

38

A Concellaría de Muller organiza mañá pola tarde, a partir das 17.00 horas, no Pazo da Cultura unhas charlas de información sobre “Violencia sexual en mozos e adolescentes. Acoso sexual e ciberacoso”, incluída dentro das actividades do Programa Irene, financiado polo Instituto da Muller, e que pretende a información, formación e prevención da violencia sexual entre mozos e adolescentes.
As charlas de mañá están destinadas a pais e titores de alumnos de centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, e para o público en xeral. Participarán nas charlas Josefa Horno Goicoechea, psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección; e José Eugenio Torres Meira, garda civil, responsable do equipo de investigación tecnolóxica da Unidade orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
Unha das violencias máis difíciles de detectar pola súa invisibilidade na sociedade é a violencia sexual contra a poboación menor tanto polas características das vítimas como pola relación que teñen os agresores con estas. A formación dos profesionais que traballan neste ámbito así como o coñecimento do que os menores poden ou non aceptar son área prioritarias de traballo para poder detectar tales prácticas abusivas nos primeiros momentos e evitar asi unhas peores consecuencias.
Por este motivo o Instituto da Muller publicou no mes de maio unha convocatoria de subvención para participar nas accións do denominado Programa IRENE a través da sinatura dun convenio entre esta entitade e o Concello. A través das accións programadas en colaboración co Instituto da Muller o Concello implementa en 2013 e 2014 as seguintes de actividades:
• Xornadas de Información sobre agresións sexuais dirixidas as Ampas, Asociacións de mulleres, veciñais e público en xeral co fin de sensibilizar sobre as dimensións que teñen as agresións nos menores, a situación legal destes delitos as formas de detectarlos e os recursos dos que dispoñemos.
• Talleres de prevención/información da violencia sexual dirixidos ao alumnado de secundaria e formación profesional para ensinar e previr situacións de violencia mellorando tanto o coñecimento das mesmas como a resposta que poden dar e tendo especial interese en detectar as novas formas de violencia sexual a través de Internet.
• Talleres de formación de asistencia primaria a vítimas de violencia sexual, dirixidos a profesionais que poidan ter relación directa con as vítimas como os Corpos e Forzas de Seguridade, Servizos Sociais, Servizos Sanitarios, etc. Coa finalidade de ofrecer unha atención adecuada á vítima evitando as posíbles victimizacións secundarias tan correntes neste tipo de delitos.