A Asociación de Feiras de España e os organizadores de eventos e congresos celebran o seu Foro anual en Pontevedra

42

Os principais directivos de asociacións e empresas dedicadas á organización de feiras, congresos e eventos de negocios en España estarán en Pontevedra durante as xornadas deste xoves e venres para participar no Foro de Asociacións da Industria Española de Reunións e Eventos. O programa foi presentado hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, e o presidente da Asociación Galega de Feiras (Agafe), Alejandro Rubín.

A cita cos directivos do “cluster” feiral español será na Casa das Campás. Está confirmada a asistencia da totalidade da directiva da Asociación de Feiras de España (AFE) encabezada polo seu presidente, José Antonio Vicente Barrallo.

O xoves celébrase unha xuntanza interna sobre o turismo de negocios e incentivos (MICE, polas súas siglas en inglés). Xa o venres a programación arranca coa inauguración oficial e inclúe a presentación do último informe da Organización Mundial do Turismo, un informe sobre o panorama feiral galego e o papel de Pontevedra como destino para a organización de feiras e congresos. Finalmente, ofértase unha mesa redonda sobre as perspectivas da industria española de reunións e eventos.

Carlota Román destacou que Pontevedra acollerá este ano seis feiras e 12 congresos, xunto con varios eventos de menor formato. Estas cifras son aínda provisionais, porque xa están consolidándose outros dous ou tres congresos, dos sectores médico e enerxético, a maiores. A concelleira subliñou que contando cunha infraestrutura de tamaño medio e ben integrada no tecido urbano, o que fai innecesario contar con transporte, xunto cunha política municipal ben orientada, estanse a conseguir magníficos resultados.

A concelleira falou dun cambio de modelo no sector feiral galego, o que contrasta coa previsión de Pontevedra de captar un mínimo de 50.000 visitantes coa súa programación feiral. Encadrou a celebración do foro de AFE como unha continuación ás visitas á cidade, ao longo dos dous últimos anos, das presidentas da Spain Convention Bureau e da asociación de Organizadores Profesionais de Congresos (OPC España).

Alejandro Rubín recalcou que o sector vive un momento de cambio, no que cobran todo o sentido os eventos ben conectados co tecido empresarial e as necesidades expresadas polos empresarios. Admitiu que algúns destinos poden estar pagando un alto prezo pola sobreoferta dos últimos anos e, por iso, engadiu, cómpre valorar o crecemento de Pontevedra da man dun Recinto Feiral de tamaño medio e unha política de promoción singular.

Hoxe ábrense moitas oportunidades de xerar actividade, engadiu. Os socios de AGAFE celebran un total de 40 feiras en Galicia durante este ano e a organización está traballando nun estudo coa Universidade de Vigo para medir, cientificamente, o impacto socioeconómico deste tipo de eventos.

 

Programa (provisional) do Foro de Asociacións da Industria Española de Reunións e Eventos e as Empresas Galegas


 

Xoves, 8 de maio

17.30 h : Reunión privada do foro MICE. Lugar: Casa das Campás.

19.00 h : Visita guiada á cidade.

20.00 h: Cata de vino na sede da denominación de orixe Rías Baixas.


Venres, 9 de maio


 

09.00 h: Visita á Praza de Abastos de Pontevedra.

10.00 h : Inauguración.

Carlota C. Román, concelleira de Promoción Económica.

José Antonio Vicente, Presidente de AFE.

10.00 h: Presentación do Foro de la Industria Española de Reuniones y eventos: Informe da Organización Mundial del Turismo (OMT).

11.00h: Presentación das diferentes empresas do sector feiral congresual de eventos e de Reunións Galegas. Pontevedra como destino para a organización de eventos reunións congresos e feiras.

12.00 h: Mesa redonda con posterior coloquio: “Perspectivas da Industria Española de Reunións e eventos”.

Resumo e conclusións.
Reunión coas empresas e asociacións do sector en Galicia.

Panel de relatores:
 

  • José Antonio Vicente Barrallo, presidente de AFE y director del Recinto Ferial Zaragoza.

  • Francisco Quereda Rodríguez, cofundador de AFE, director del Malaga Convention Bureau y presidente de la MPI (Meeting Professionals International) (la organización española dedicada a la organización de eventos internacionales).

  • Carmen Aguirregomezcorta Soler, secretaria general del capítulo ibérico de ICCA, o sea de la Asociación Internacional de Congresos y Convenciones, que agrupa a las empresas y centros de congresos de España y Portugal.

  • Elisabeth Martínez Teixidó, vicepresidenta de SITE Spain. O sea de la Sociedad de Incentivos y Viajes de Ejecutivos, que es la única organización mundial y profesional que desde 1973 vincula directivos de empresas y viajes de Incentivo.

  • Juan Antonio Casas Valcárcel, presidente de Spain DMC. Se trata de una empresa de servicios profesionales que, como indican sus siglas en inglés “Destination Management Company” ayuda a sus clientes a alcanzar los objetivos fijados para sus eventos corporativos, operados en un determinado destino, especializándose en el diseño, realización y coordinación logística de programas para grupos y eventos de todo tipo, incluyendo alojamiento, actividades, tours, transporte, etcétera.

  • Luis Díaz Martínez, director ejecutivo de DMC.

  • Alvaro Muñiz Suárez, director general de la Feria Internacional de Muestras de Asturias.

  • María José Uceda Martín, secretaria general de AFE.