Arredor de 500 estudantes participan o xoves na pedalada Instienbici

66

A cidade de Pontevedra acolle este xoves, 8 de maio, Instienbici, unha pedalada entre alumnos de diversos institutos da cidade co obxectivo de fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte entre os estudiantes. Esta pedalada forma parte de Pontenbici, a programación da Concellaría de Transportes, que xestiona Miguel Filgueira, para impulsar o emprego da bicicleta como vehículo habitual na cidade.
Nesta pedalada participarán uns 500 alumnos de diversos institutos da cidade: Xunqueira I, Xunqueira II, IES Sánchez Cantón, IES Valle Inclán, Frei Martín Sarmiento e Xoán XXIII.
O percorrido parte da Illa do Cobo e continuará pola Xunqueira de Alba, para entrar na cidade a través da Ponte do Burgo, e seguirán polo centro urbano para rematar na Peregrina. Partirán dos aledaños da CFP Xunqueira e pecorrerán uns 10 km, aproximadamente.
O obxectivo de Instienbici céntrase no interese do Concello en promover novos medios de transporte, saudables e ecolóxicos entre os máis xóvenes, sacando proveito dos espazos da cidade que permiten gozar de maneira segura, en liña co medioambiente e en harmonía co modelo de cidade que prioriza o peatón.
Por outra parte, cabe recordar que continua no Pazo da Cultura a exposición “Bicis clásicas e antigas” que está a gozar dunha gran afluencia de público. Os que todavía non puideran achegarse ao Pazo, poderán facelo até o próximo día 1 de xuño.
A Concellaría de Transportes lembra que dentro da programación de Pontenbici celebrarase a Marcha de clásicas, que por motivos de ocupacións de espazo público, ten que trasladarse para o vindeiro 15 de xuño.