O Concello remata a rehabilitación da estrada de Frieiro, en Santa María de Xeve

48

O Concello de Pontevedra acomete nestes días a segunda fase da rehabilitación da estrada que une os distintos lugares de Frieirio, na parroquia de Santa María de Xeve. O concelleiro delegado da parroquia, Miguel Filgueira visitou esta mañá os traballos que se están a realizar no lugar de Casas.
  Os traballos consisten en no arranxo xeral do asfaltado, na recollida das augas pluviais, colocación de sinalización horizontal e vertical, pequenos lombos reductores de velocidade e, incluso, algún muro de contención.
Miguel Filgueira destacou especialmente o labor de recollida das augas pluviais, que ían en escorrentía polo medio da vía, e agora recóllense debidamente para evitar problemas.
A primeira fase da rehabilitación do lugar de Frierio fíxose o pasado ano. E tal e como se quedara cos veciños de Santa María de Xeve, acométese a segunda fase nesta anualidade dado o custoso do proxecto.