Preto de 200 rapaces coñecerán no Salgueiral o medio dural galego e o seu Patrimonio

74

O Concello de Pontevedra e a Comunidade de Montes do Salgueiral, na parroquia de Bora, celebra a cuarta edición das visitas guiadas lúdicas-educativas sobre o rural galego e o seu patrimonio, que contará, un ano máis, coa participación dos veciños que abrirán as súas casas para achegar aos escolares ao lagar, alpendre, cortes, fornos…
A inmersión educativa no rural ten como obxetivo primordial achegar aos escolares o esforzo que se está a facer na recuperación dos entornos rurais e na protección do patrimonio en Almofrei.
Neste proxecto participan arredor de 200 rapaces de 2º, 3º e 4º de educación primaria durante varias mañás do mes de maio. Comprenderán os días 7, 8, 15, 21, 23, 27 e 29 de maio. Os escolares levarán a cabo numerosas actividades que os achegarán á vida rural, coas súas costumes máis tradicionais que abarcan dende a recollida de cereais, a moída do gran e coñecer as partes que conforman unha casa tradicional do rural galego.
Este proxecto conta coa colaboración do Concello, a Comunidade de Montes do Salgueiral e a participación directa dos veciños do lugar no seu afán de protexer os espacios rurais, o seu patrimonio e achegarllo os escolares do municipio.
A relación das visitas guiadas polo Salgueiral é a seguinte:

• Mércores 7 de maio- CEIP Vilaverde
• Xoves 8 de maio- CEIP Vilaverde
• Xoves 15 de maio- CEIP Ponte Sampaio
• Mércores 21 de maio- CEIP San benito de Lérez
• Venres 23 de maio- CEIP Campolongo
• Martes 27 de maio- CEIP Parada Campañó
• Xoves 29 de maio- CEIP Santo André de Xeve