XVIII Mostra de Teatro Ben Veñas, Maio en Maio, mes da lingua

68

O Concello de Pontevedra propón para mañá venres, 9 de maio, na programación de Maio, mes da lingua a seguintes actividade:
• 12 horas. Teatro Principal. O soño dunha noite de verán.  Grupo de teatro Skene, do IES Valle Inclán. Duración aproximada: 45 minutos. Director: Manuel Solla Barragáns  Grupo de teatro Skene (alumnado de 4º de ESO e bacharelato do IES Valle Inclán). Aproximadamente 20 persoas.  Durante os preparativos da voda do duque de Atenas, dúas parellas de amantes pérdense no bosque do amor non correspondido. O bosque esta cheo de seres fantásticos coas súas historias, mais nesta noite tan máxica uns influirán nos outros e viceversa.  
• 20 horas, no Tatro Principal.  As alegres casadas.  Grupo de teatro do IES Sánchez Cantón, acompañado do grupo de Jazz Corda Negra, do IES Xunqueira I. Duración aproximada: 90 minutos.  Directoras: Belén Herrero Sinovas e Rocío Vieites Rey. Grupo de teatro:  Alumnado de 4º de ESO e Bacharelato do IES Sánchez Cantón.  Grupo de jazz Cordanegra, formado por alumnos do IES Xunqueira I. (Versión de Eduardo Alonso e Manuel Guede Oliva da obra As alegres casadas de Windsor de W. Shakespeare).