O CITA conmemora o Día Internacional dos Museos

71

Con motivo do Día Internacional dos Museos 2014, que se celebra arredor do domingo 18 de maio, o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) organiza unhas xornadas de portas abertas, ás que están convidadas os centros escolares e asociacións.
O obxectivo destas xornadas é poñer de relevo a dimensión social destes espazos, como lugares de memoria, de transmisión de coñecementos, de educación, de encontro e de desevolvemento colectivo. 
As persoas interesadas en coñecer o CITA poderán facelo de balde o domingo 18 de maio en horario de mañá e tarde. É preciso inscribirse previamente no teléfono 986 090 677 
O programa destas xornadas de portas abertas inclúe as seguintes actividades:  
• CITA NA RÚA  Os días 15 e 16 de maio algunha das pezas expostas no CITA sacarase á rúa para saír ao encontro do público e chamar a atención sobre o espazo arquelóxico.  
• CITA ESCOLA  Os centros educativos da contorna poderán visitar o CITA, de maneira gratuíta, o venres 16 de maio. As visitas serán en horario de mañá e para participar é necesario concertar a visita chamando ao teléfono 986 090 677  
• CITA COLECTIVOS  As asociacións veciñais, culturais, ANPAS, asociacións e centros de terceira idade… podrán visitar de forma gratuíta o CITA os días 16 e 17 de maio.  Para participar é preciso concertar a visita chamando ao teléfono 986 090 677  
• CITA NOCTURNA  O CITA organiza visitas guiadas nocturnas ás Torres Arcebispais, muralla medieval e espazo arqueolóxico de Santa María. As visitas terán lugar o sábado 17 de maio a partir das 22 horas. É necesaria a inscrición previa chamando ao teléfono 986 090 677