“Ponte a Londres”

68

Lugar: CEIP Parada de Campañó.

Hora: 10 h.

Sesión conxunta cos catro centros participantes no intercambio cultural virtual en lingua galega "Ponte a Londres".

Organizado por ENDL dos CEIP de Campañó, Lérez e Xeve e Colexio Cañada Blanch de Londres, coa colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

Un proxecto en proceso que se vai ir facendo con ideas, vídeos, fotos e conversas do alumnado do CEIP San Benito Lérez, CEIP Santo André de Xeve, CEIP de Parada-Campañó do Concello de Pontevedra e o Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres. A través desta web e diversos encontros imos intercambiar experiencias, coñecer outros xeitos de vida, maneiras de vivir a lingua e propostas creativas galegas nos diferentes eidos. Ollar, facer, participar e compartir.